Ciencias Naturais. Traballo

Estimadas familias,

os nen@s teñen que facer un traballo para Ciencias Naturais, no que deben aparecer as seguintes ideas:
- Os ósos  (5 exemplos).
- Os músculos (5 exemplos).
- As articulacións (5 exemplos).
- Os cinco sentidos.
- Funcionamento do noso corpo na alimentación e na respiración (explicación moi básica).

Pódese tomar como referencia o traballado na aula (mirar na libreta).

Pódense empregar distintos soportes (cartulina, cartón, ...) para realizar o traballo, onde presentarán un mapa conceptual ou esquema  con debuxos, siluetas con nomes, etc. (o que cada un considere e facilite a súa exposición).
O traballo deberá presentarse en galego.

Por último, os nen@s terán que expoñelo de forma oral na aula.

Grazas pola colaboración. Un saúdo.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Saída Aula Siradella