Entradas

Mostrando entradas de abril, 2018

Da nariz aos pés.

Imagen
O primeiro que fixemos foi mostrarlles o papel contínuo co título da actividade. A partir de aquí eles fixeron as predicións do que crían que íamos facer. Logo por parellas pintáronse o nariz, plasmárona no papel, medíronse e colocaron a beria da súa marca o seu nome e medida. Finalmente pedímoslles que observasen as marcas para facer comparacións e facerlles pensar como teríamos que facer para saber a nosa medida exacta.  Por último destacar que cando se senten protagonistas da súa propia aprendizaxe, a súa motivación e interese por aprender é maior.  Tod@s querían pintarse o nariz sean excepción, para despois plasmala e poder compararse coa dos seus compañeir@s.

Iniciámonos na medida

Imagen
A medida é un tema moi presente nas nosas vidas. Desde que nos levantamos pola mañá ata que nos deitamos atopámonos situacións nas que nos topamos con ela: para poñer a alarma temos que medir o tempo, para preparar o almorzo temos que medir cantidades, etc. A través de esta actividade tan significativa para eles, preténdese resaltar o valor didáctico da medida onde os nenos e nenas convértense en protagonistas da súa propia aprendizaxe.

"O dado máxico"

Imagen
Aquí deixámosvos unha nova experiencia artística que fixemos partindo do libro "Talleres de arte con Hervé Tullet". Trátase de un entretido xogo de dados cos que obtivemos uns monstros adorables e divertidisimos aos que posteriormente lles puxemos nome."El dado mágico"

Xornada de animación á lectura.

Imagen
        Este martes tivemos a sorte de recibir no cole a visita de Martina e Nuria, que nos viñeron a contar os contos de "O can e a lebre" e "Tres casas, tres bruxas e un ovo". Moitas grazas pola visita, polos contos e polo marcapáxinas que nos regalastes. Esperamos unha nova visita pronto.

Aniversarios xaneiro, febreiro e marzo.

Imagen