Este martes tivemos a sorte de recibir no cole a visita de Martina e Nuria, que nos viñeron a contar os contos de "O can e a lebre" e "Tres casas, tres bruxas e un ovo". Moitas grazas pola visita, polos contos e polo marcapáxinas que nos regalastes. Esperamos unha nova visita pronto.
Aquí tedes as 3 obras de teatro que estivemos preparando este trimestre. Desculpade que o son non é moi bo, pero a calidade da cámara e as mascarillas non axudan. SANCHO E AS 10 MOEDAS DE OURO O PRÍNCIPE BURRISAPO O TRAXE NOVO DO EMPERADOR
Comentarios
Publicar un comentario