A NOSA AULA VIRTUAL

 Durante este curso empregaremos a AULA VIRTUAL  do noso colexio para o traballo telemático, xa que non podemos seguir traballando co Google Classroom.

Aquí tedes un pequeno esquema de como acceder (que iremos completando máis adiante).

O primeiro que debedes facer é cambiar o contrasinal.

ESQUEMA DE ACCESO.

1. Entrar na páxina web do colexio. 

        Google - Ceip de Portonovo. Portal Edu.Xunta.

2. Na marxe esquerda e arriba tedes a pestana da Aula Virtual. 

        Entrar na Aula Virtual.

3. Na marxe dereita e arriba tedes a pestana de Acceder (Vostede non se identificou).

        Escribir o USUARIO (Username) e o CONTRASINAL (Password)

        Os datos que necesitamos están na foto que adxunto.

4. Unha vez dentro da Aula Virtual, debemos cambiar o contrasinal.

        Poñede un contrasinal fácil de recordar.


FOTO NO MEU PERFIL

1.  Entrar na miña conta e picar no triángulo azul (arriba a dereita).

2.  Facer click en PERFIL e de seguido na roda dentada en EDITAR PERFIL.

3.  Mover a páxina hacia abaixo ata IMAXE DE USUARIO

4.  Arrastrar a foto ata o recadro. 
            Importante: A foto xa debe estar descargada no ordenador/tablet





Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Saída Aula Siradella